Axustes de chamada
Mediante os axustes de chamada, é
posible definir axustes de chamada
específicos no seu dispositivo.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Chamando
>
Chamada
.
Seleccione entre as seguintes opcións:
Enviar a miña identidade — Seleccione
Si
para amosar o seu número de teléfono
á persoa á que está a chamar. Para
empregar o axuste acordado co
fornecedor de servizos, seleccione
Fixar
pola rede
(servizo de rede).
Enviar ID cham. Internet — Seleccione
Si
para amosar o seu ID de chamada da
Internet á persoa á que está a chamar.
Chamada en espera — Permite axustar
o teléfono para notificarlle as chamadas
entrantes mentres se atopa noutra
chamada (servizo de rede) ou comprobar
se esta función está activada.
Cham. Internet en espera — Permite
axustar o dispositivo para que lle avise
dunha chamada da internet entrante nova
mentres está ocupado noutra chamada.
Aviso chamada Internet — Para
configurar o teléfono de xeito que lle avise
cando se producen chamadas da Internet
entrantes, seleccione
Activado
. Se
selecciona
Desactivado
, só recibirá un
aviso de se producir unha chamada
perdida.
Rexeitar chamada mens. — Permite
enviar unha mensaxe de texto cando se
rexeite unha chamada na que se
118 Axustes
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
informará ao emisor da chamada de por
que non se puido responder a esta.
Texto da mensaxe — Permite escribir a
mensaxe de texto estándar que se enviará
ao rexeitar unha chamada.
Vídeo propio á cham. ent. — Para
permitir ou rexeitar o envío de vídeo
durante unha videochamada feita dende
o seu dispositivo.
Imaxe en videochamada — Se non se
envía o vídeo durante unha
videochamada, seleccione a imaxe que
desexa que se amose no seu lugar.
Rechamada automática — Permite
configurar o dispositivo para que realice
un máximo de 10 intentos para conectar
a chamada despois dun intento de
chamada sen éxito. Para deter a
rechamada automática, prema a tecla Fin.
Amosar duración cham. — Permite
amosar a duración dunha chamada
durante a mesma.
Resumo tras chamada — Permite
amosar a duración dunha chamada
despois de que finalice.
Marcación rápida — Permite activar a
marcación rápida.
Calquera tecla responde — Permite
activar a resposta mediante calquera
tecla.
Liña en uso — Este axuste (servizo de
rede) só se amosa se a tarxeta SIM admite
dous números de subscritor, é dicir, dúas
liñas de teléfono. Seleccione que liña de
teléfono desexa utilizar para facer
chamadas ou enviar mensaxes de texto.
As chamadas de ámbalas dúas liñas poden
responderse sen ter en conta a liña
seleccionada. Se selecciona
Liña 2
e non
se subscribiu a este servizo de rede, non
poderá realizar chamadas. Cando se
selecciona a liña 2, na pantalla de inicio
aparece .
Cambio de liña — Permite impedir a
selección de liñas telefónicas (servizo de
rede), sempre que a tarxeta SIM admita
esta opción. Para cambiar este axuste,
necesita o código PIN2.
As opcións dispoñibles poden variar.