Xestión de certificados
Os certificados dixitais protexen o seu
contido cando transfire información
confidencial. Os certificados deberían
empregarse para conectarse a un banco
en liña ou a outro sitio, ou a un servidor
remoto para realizar accións que
impliquen a transferencia de información
confidencial.
Os certificados tamén deben utilizarse
cando desexe reducir o risco de virus ou
outro software malicioso e asegurarse da
autenticidade do software cando
descargue e instale software.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Xestión teléfono
>
Axust.
segurid.
>
Xestión de certificados
e
seleccione o tipo de certificado desexado.
Os certificados dixitais non garanten a
seguridade; utilízanse para verificar a
orixe do software.
Importante: Aínda que o uso de
certificados reduce considerablemente os
riscos relacionados coas conexións
remotas e as instalacións de software,
cómpre utilizalos correctamente para
beneficiarse do aumento da seguridade. A
existencia dun certificado non ofrece
protección por si mesmo. O administrador
do certificado debe dispoñer de
certificados correctos, auténticos ou
fiables para poder aumentar a
seguridade. Os certificados teñen data de
caducidade. Se se amosa "Certificado
caducado" ou "O certificado non é válido",
incluso no caso de que o certificado
debera ser válido, comprobe que a hora e
a data do dispositivo son correctas.