Contido protexido
O contido protexido por DRM (Digital
rights management, Xestión de dereitos
dixitais), por exemplo, algúns ficheiros
multimedia como imaxes, música ou
videoclips, fornécese cunha licenza
asociada na que se definen os seus
dereitos para usar o contido.
É posible ver os detalles e o estado das
licenzas e reactivalas e eliminalas.
Xestión de licenzas de dereitos dixitais
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Teléfono
>
Xestión teléfono
>
Axust.
segurid.
>
Contido protexido
.
Xestión dos dereitos dixitais
É posible que os propietarios de contidos
utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de
xestión de dereitos dixitais (DRM) para
protexer a súa propiedade intelectual,
incluídos os dereitos de autor. Este
dispositivo utiliza varios tipos de software
DRM para acceder a contido protexido
mediante DRM. Con este dispositivo pode
acceder a contido protexido con WMDRM
10, OMA DRM 1.0 e OMA DRM 2.0. Se un
determinado software DRM non protexe o
contido, é posible que os propietarios do
contido soliciten que se anule a
capacidade do mencionado software de
acceder a novos contidos protexidos
mediante DRM. Esta anulación pode
tamén impedir a renovación do contido
protexido mediante DRM que xa se atope
no dispositivo. Esta anulación non
afectará ó uso de contido protexido con
outros tipos de DRM ou ó uso de contido
non protexido mediante DRM.
Os contidos protexidos mediante xestión
dos dereitos dixitais (DRM)
subminístranse cunha licenza asociada
que define os seus dereitos para utilizar o
contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido
protexido mediante OMA DRM, para facer
unha copia de seguridade das claves de
activación e do contido, utilice a función
de copia de seguridade de Nokia Ovi Suite.
Se o dispositivo dispón de contido
protexido mediante WMDRM, a licenza e o
contido perderanse se formata a memoria
do dispositivo. Tamén é posible que perda
a licenza e o contido se se danan os
ficheiros do dispositivo. A perda da licenza
ou do contido pode limitar a súa
capacidade para utilizar o mesmo contido
no seu dispositivo de novo. Para obter
máis información, póñase en contacto co
seu fornecedor de servizos.
É posible que algunhas licenzas estean
ligadas a tarxetas SIM específicas, e que só
poida acceder ao contido protexido se a
tarxeta SIM se atopa inserida no
dispositivo.
Axustes 115
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.