Axustes da cámara de imaxes fixas
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Cámara
.
Para cambiar os axustes principais, no
modo de imaxe, seleccione
Opcións
>
Axustes
e unha das seguintes opcións:
Calidade de imaxe — Permite axustar a
resolución. Canto máis alta sexa a
resolución da imaxe, máis memoria
consumirá a imaxe.
Amosar imaxe capturada — Permite ver
a imaxe despois de que se capture ou
continuar coa captura de imaxes
inmediatamente.
Nome da imaxe predet.: — Permite
definir o nome predeterminado das
imaxes capturadas.
Capturar ton — Permite axustar o ton
que se reproducirá cando capture unha
imaxe.
Memoria en uso — Permite seleccionar
onde desexa que se garden as súas
imaxes.
Amosar info. do GPS — Para engadir
coordenadas de situación GPS a cada
ficheiro de imaxe, seleccione
Activada
. A
recepción dun sinal GPS pode tardar varios
minutos en completarse, ou é posible que
o sinal non estea dispoñible.
Rotación autom. imaxes — Permite
seleccionar se desexa que as imaxes que
se capturan cando o dispositivo se suxeita
en posición vertical se xiren cando as abra
en Fotos.
Restab. axustes cámara — Permite
recuperar os valores predeterminados dos
axustes da cámara.