Nokia C6 00 - Axustes de vídeo

background image

Axustes de vídeo

Seleccione

Menú

>

Aplicacións

>

Cámara

.

Para modificar os axustes principais, no

modo de vídeo, seleccione

Opcións

>

Axustes

e unha das seguintes opcións:

Calidade de vídeo — Permite axustar a

calidade do videoclip. Para enviar un

videoclip nunha mensaxe multimedia,

seleccione

Compartir calidade

. O clip

grávase con resolución QCIF, en formato

3GP. É posible que non poida enviar

videoclips gardados no formato de

ficheiro MPEG4 en mensaxes multimedia.

84 Cámara

© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

Amosar info. do GPS — Para engadir

coordenadas de localización GPS

automaticamente a videoclips, seleccione

Activado

. A recepción do sinal GPS pode

tardar varios minutos en completarse, ou

é posible que o sinal non estea dispoñible.
A información de localización pode

achegarse a unha imaxe ou a un videoclip

se as coordenadas de localización se

poden determinar a través da rede e do

GPS. Se comparte unha imaxe ou un

videoclip que dispón de información de

localización achegada, a información de

localización estará visible para as demais

persoas que visualicen a imaxe ou o

videoclip. É posible desactivar o

xeoetiquetado nos axustes da cámara.

Gravación de son — Permite gravar son.

Amosar vídeo capturado — Para ver o

primeiro fotograma do videoclip unha vez

detida a gravación. Para ver todo o

videoclip, seleccione

Reproducir

.

Nome de vídeo predet. — Permite

inserir o nome predeterminado para os

videoclips gravados.

Memoria en uso — Permite seleccionar

onde desexa que se garden os seus

videoclips.

Restab. axustes cámara — Permite

recuperar os valores predeterminados dos

axustes da cámara.