
Información de localización
É posible engadir automaticamente
información de localización da captura
aos detalles do ficheiro do material
capturado. Por exemplo, na aplicación
Fotos, é posible ver a localización onde se
capturou unha imaxe.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Cámara
.
Engadir información de localización a
todo o material capturado
Seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Amosar
info. do GPS
>
Activado
. A información
da posición está dispoñible só para
imaxes capturadas coa cámara principal.
A información de localización pode
achegarse a unha imaxe ou a un videoclip
se as coordenadas de localización se
poden determinar a través da rede e do
GPS. Se comparte unha imaxe ou un
videoclip que dispón de información de
localización achegada, a información de
localización estará visible para as demais
persoas que visualicen a imaxe ou o
videoclip. É posible desactivar o
xeoetiquetado nos axustes da cámara.
É posible que se tarden varios minutos en
obter as coordenadas da súa localización.
A dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS
pode verse afectada pola situación na que
se atopa, por edificios, obstáculos
naturais e polas condicións
meteorolóxicas. Se comparte un ficheiro
que inclúe información de localización,
tamén se compartirá a información de
localización, e a súa localización poderá
ser vista por terceiras partes que
visualicen o ficheiro. O dispositivo require
servizos de rede para obter información
de localización.
Indicadores da información de
localización:
— Información de situación non
dispoñible. O GPS permanece activado en
segundo plano varios minutos. Se se
efectúa unha conexión satélite e o
indicador cambia a antes de que
transcorra ese tempo, todas as imaxes
capturadas e os videoclips gravados
durante ese tempo etiquetaranse de
acordo coa información de situación do
GPS recibida.
— A información de localización está
dispoñible. A información de localización
engádese aos detalles do ficheiro.
Os ficheiros que dispoñen de información
de localización indícanse mediante na
aplicación Fotos.