
Acerca da conectividade Bluetooth
Grazas á conectividade Bluetooth pode
establecer unha conexión sen fíos a outros
dispositivos compatibles, como
dispositivos móbiles, ordenadores,
auriculares ou kits de vehículos.
Pode utilizar a conexión para enviar
elementos dende o seu dispositivo,
transferir ficheiros dende o seu ordenador
compatible e imprimir ficheiros cunha
impresora compatible.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Bluetooth
.
Debido a que os dispositivos con
tecnoloxía sen fíos Bluetooth se
comunican mediante ondas de radio, non
se teñen que atopar nunha liña visual
directa. Non obstante, cómpre que se
atopen como máximo a 10 metros o un do
outro, aínda que a conexión pode sufrir
interferencias debido a obstáculos como
paredes ou a outros dispositivos
electrónicos.
O dispositivo é compatible coa
especificación Bluetooth 2.0 + EDR que
admite os seguintes perfís: Perfil de
Acceso telefónico a redes (DUN), Perfil de
Object Push (OPP), Protocolo de
Transmisión de ficheiros (FTP), Perfil Mans
libres (HFP), Perfil ML portátil (HSP), Perfil
de Imaxe básica (BIP), Perfil de Acceso SIM
remoto (SimAP), Perfil de Identificación de
dispositivos (DI), Perfil de Acceso á axenda
telefónica (PBAP), Perfil de Dispositivo de
Interfaz Humana (HID), Perfil de
Distribución de son/vídeo xenérico
(GAVDP), Perfil de Control remoto de son/
vídeo (AVRCP), Perfil de Distribución de
son avanzada (A2DP) . Para asegurar a
interoperabilidade con outros
dispositivos que dispoñan de tecnoloxía
Bluetooth, utilice accesorios Nokia
homologados para este modelo. Póñase
en contacto cos fabricantes dos outros
dispositivos para obter información sobre
a compatibilidade con este dispositivo.
Cando o dispositivo se atopa bloqueado,
só se poden establecer conexións con
dispositivos autorizados.
As funcións que utilizan a tecnoloxía
Bluetooth aumentan o consumo de
enerxía e reducen a duración da batería.