Envío de datos mediante Bluetooth
É posible activar varias conexións
Bluetooth á vez. Por exemplo, se está
conectado a uns auriculares compatibles,
tamén pode transferir ficheiros a outro
dispositivo compatible.
1 Abra a aplicación onde se garda o
elemento que desexa enviar.
2 Desprácese ata un elemento e
seleccione
Opcións
>
Enviar
>
Por
Bluetooth
.
Amosaranse os dispositivos con
tecnoloxía sen fíos Bluetooth que se
atopen dentro do seu alcance. As
iconas dos dispositivos son as
seguintes:
ordenador
teléfono
dispositivo de vídeo ou de
son
outros dispositivos
Para interromper a busca, seleccione
Cancelar
.
3 Seleccione o dispositivo co que
desexa conectar.
4 Se o outro dispositivo realiza unha
petición de vinculación para poder
transferir os datos, escóitase un son e
solicítase inserir un código. Cómpre
introducir o mesmo código nos dous
dispositivos.
Cando se establece a conexión,
amósase a mensaxe
Enviando datos
.
Consello: Cando se realiza a busca dos
dispositivos, é posible que algúns só
amosen o enderezo único (enderezo do
dispositivo). Para atopar o enderezo único
do dispositivo, na pantalla de inicio,
introduza *#2820#.