Modo de SIM remota
Co modo de SIM remota, é posible usar un
accesorio de kit para vehículo compatible.
Para poder activar o modo de SIM remota,
cómpre que os dous dispositivos estean
vinculados e que a vinculación se inicie
dende o outro dispositivo. Na vinculación,
use un código de 16 díxitos e axuste o
outro dispositivo como autorizado.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Bluetooth
.
Activación do modo de SIM remota
1 Permite activar a conectividade
Bluetooth. Seleccione
Bluetooth
.
2 Active o modo de SIM remota no
dispositivo. Seleccione
Modo SIM
remota
.
3 Active o modo de SIM remota no outro
dispositivo.
Ao activar o modo de SIM remota,
amósase a mensaxe
Modo SIM remota
na
pantalla de inicio. A conexión coa rede sen
fíos péchase, e non se poden usar os
servizos da tarxeta SIM nin as funcións que
requiren dispoñer de cobertura de rede
móbil.
Cando o dispositivo se atope no modo de
SIM remota, só poderá efectuar ou recibir
chamadas mediante o accesorio
conectado. O dispositivo só poderá
efectuar chamadas aos números de
emerxencia programados no mesmo.
Desactivación do modo de SIM remota
Prema a tecla de acendido e seleccione
Saír modo SIM remoto
.