Conexións de datos e puntos de acceso
O seu dispositivo admite conexións de
paquetes de datos (servizo de rede), como
GPRS, na rede GSM. Cando se usa o
dispositivo en redes GSM e 3G, pode haber
varias conexións de datos activas ao
mesmo tempo e os puntos de acceso
poden compartir unha conexión de datos.
Na rede 3G, as conexións de datos seguen
activas durante as chamadas de voz.
Tamén pode usar unha conexión de datos
WLAN. Nunha conexión LAN só pode estar
activa ó mesmo tempo unha conexión,
pero varias aplicacións poden utilizar o
mesmo punto de acceso á Internet.
Para establecer unha conexión de datos,
requírese un punto de acceso. É posible
definir diferentes clases de puntos de
acceso, como os seguintes:
•
Punto de acceso de MMS para enviar e
recibir mensaxes multimedia
•
Punto de acceso á Internet (IAP) para
enviar e recibir correos electrónicos e
conectarse á Internet
Comprobe o tipo de punto de acceso que
necesita co seu fornecedor de servizos
para o servizo ó que desexa acceder. Para
consultar a dispoñibilidade e a subscrición
ós servizos de conexión de datos do
paquete, póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos.