
Acerca de WLAN
Para utilizar unha conexión de rede de
área local sen fíos (WLAN), debe haber
unha dispoñible no lugar no que se
encontra e o dispositivo debe estar
conectado a ela. Algunhas WLAN están
protexidas, e precisa dunha clave de
acceso do seu fornecedor de servizos para
conectarse a elas.
Nota: En Francia, unicamente está
autorizado a empregar as redes WLAN en
lugares interiores.
As funcións que empregan as WLAN, ou
que teñen autorización para executarse
en segundo plano mentres se empregan
outras funcións, aumentan a demanda de
enerxía da batería e reducen a vida útil da
mesma.
Importante: Active sempre un dos
métodos de cifrado dispoñibles para
aumentar a seguridade da conexión LAN
sen fíos. A utilización do cifrado reduce o
risco de que accedan de xeito non
autorizado aos seus datos.