Conexións WLAN
Para utilizar unha conexión LAN sen fíos
(WLAN), cómpre crear un punto de acceso
á Internet (IAP) para a WLAN. Utilice o
punto de acceso para as aplicacións que
necesitan conectarse á Internet.
As conexións WLAN establécense cando
crea unha conexión de datos mediante un
punto de acceso á Internet WLAN. A
conexión WLAN activa finaliza cando
finaliza a conexión de datos.
É posible utilizar a WLAN durante as
chamadas de voz ou cando o paquete de
datos está activo. Só pode estar conectado
a un dispositivo de punto de acceso WLAN
ao mesmo tempo, pero varias aplicacións
poden utilizar o mesmo punto de acceso
á Internet.
Se o dispositivo está no perfil
Desconectado, aínda pode utilizar a WLAN
(se está dispoñible). Recorde cumprir con
todos os requisitos de seguridade
aplicables cando estableza e utilice unha
conexión WLAN.
Consello: Para consultar o enderezo MAC
único que identifica o seu dispositivo,
abra o teclado de marcación e insira
*#62209526#.