Nokia C6 00 - Axustes de puntos de acceso de paquetes de datos

background image

Axustes de puntos de acceso de

paquetes de datos

Seleccione

Menú

>

Axustes

e

Conectividade

>

Destinos

>

Punto de

acceso

e siga as instrucións.

Edición de puntos de acceso de

paquetes de datos

Seleccione un grupo de puntos de acceso

e o punto de acceso marcado mediante

. Siga as instrucións do seu fornecedor

de servizos.

Seleccione unha das opcións seguintes:

Nome punto de acceso — O seu

fornecedor de servizos facilitaralle o

nome do punto de acceso.

Nome de usuario — É posible que se

necesite o nome de usuario para realizar

unha conexión de datos. Este nome de

usuario obtense normalmente do

fornecedor de servizos.

Petición contrasinal — Se cómpre

inserir o contrasinal cada vez que se inicia

sesión nun servidor ou se non desexa

gardar o contrasinal no dispositivo,

seleccione

Si

.

Contrasinal — É posible que sexa

necesario un contrasinal para realizar

unha conexión de datos. Este contrasinal

obtense normalmente do fornecedor de

servizos.

Autenticación — Para enviar sempre o

seu contrasinal codificado, seleccione

Segura

. Para enviar o seu contrasinal

codificado cando sexa posible, seleccione

Normal

.

Páxina de inicio — Dependendo do

punto de acceso que configure, insira o

enderezo web ou o enderezo do centro de

mensaxes multimedia.

Usar punto de acceso — Permite axustar

o dispositivo para conectarse ao destino

mediante este punto de acceso despois da

súa confirmación ou de xeito automático.
Modificación dos axustes de puntos de

acceso de paquetes de datos

avanzados

Seleccione

Opcións

>

Axustes

avanzados

.

Seleccione unha das opcións seguintes:

Tipo de rede — Permite seleccionar o

tipo de protocolo da Internet que desexa

utilizar para transferir datos desde e para

o dispositivo. O resto de axustes

dependerán do tipo de rede seleccionado.

Enderezo IP teléfono (só para

IPv4): — Permite inserir o enderezo IP do

dispositivo.

Enderezos DNS — Permite inserir os

enderezos IP dos servidores DNS primario

e secundario, se o require o seu

fornecedor de servizos. Para obter estes

enderezos, póñase en contacto co seu

fornecedor de servizos da Internet.

Enderezo servidor proxy — Insira o

enderezo do servidor proxy.

Nº de porto proxy — Permite inserir o

número de porto do servidor proxy.