Tons de chamada, imaxes e texto de
chamadas para contactos
Pode definir un ton de chamada para un
contacto ou un grupo e unha imaxe e un
texto de chamada para un contacto.
Cando o contacto o chame, o dispositivo
reproducirá o ton de chamada
seleccionado e amosará o texto ou a
imaxe da chamada (se se envía o número
de teléfono do emisor da chamada coa
chamada e o seu dispositivo o recoñece).
Para definir un ton de chamada para un
contacto ou grupo de contactos,
seleccione o contacto ou grupo de
contactos,
Opcións
>
Editar
>
Ton de
chamada
e un ton de chamada.
Para engadir máis campos a unha vista de
información dun contacto, seleccione o
contacto e, a continuación,
Opcións
>
Editar
>
Opcións
>
Engadir detalle
.
Para definir un texto de chamada para un
contacto, seleccione o contacto e
Opcións
>
Editar
>
Opcións
>
Engadir
detalle
>
Texto aviso chamada
. Puntee
o campo de texto para inserir o texto de
chamada e seleccione
Feito
.
Para engadir unha imaxe a un contacto
gardado na memoria do dispositivo,
seleccione o contacto,
Opcións
>
Editar
>
Engadir imaxe
e unha imaxe de
#Photos.
Para eliminar o ton de chamada,
seleccione
Ton predeterminado
na lista
de tons de chamada.
Para ver, cambiar ou eliminar a imaxe dun
contacto, seleccione o contacto,
Opcións
>
Editar
>
Nome de imaxe
>
Opcións
e a opción desexada.