Acerca do correo electrónico
Seleccione
Menú
>
Correo
.
Mediante Correo, pode engadir varias
caixas de correo e acceder a elas
directamente dende a súa pantalla de
inicio. Na vista de correo electrónico
principal, pode cambiar dunha caixa de
correo a outra. O correo electrónico é un
servizo de rede.
Se non dispón dunha caixa de correo,
pode crear unha na páxina web
www.ovi.com.
1 A súa caixa de correo actual.
2 Alterne entre as súas caixas de correo
e visualice correos electrónicos de
diferentes cartafoles.
3 Ordene o seu correo electrónico por,
por exemplo, data.
4 Correo electrónico da caixa de correo
actual.
Correo contén elementos interactivos.
Manteña seleccionado, por exemplo, un
correo electrónico para ver un menú
despregable.