Coidado do dispositivo
Manexe o dispositivo, a batería, o cargador e os accesorios
con coidado. As seguintes suxestións axúdanlle a conservar a
cobertura da garantía.
•
Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a
humidade e todos os tipos de líquidos poden conter
minerais que produzan a corrosión dos circuítos
electrónicos. Se o dispositivo entra en contacto coa
auga, retire a batería e agarde a que o dispositivo se
seque completamente antes de volver a colocala.
•
Non garde o dispositivo en lugares fríos.
•
Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ao
indicado nesta guía de usuario.
•
A utilización de modificacións non autorizadas pode
danar o dispositivo e infrinxir a lexislación que regula
o uso de dispositivos de radio.
•
Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo.
•
Utilice só un pano seco, suave e limpo para limpar a
superficie do dispositivo.
•
Apague o dispositivo e retire a batería de vez en cando
para obter un rendemento óptimo.
•
Non acerque o seu dispositivo a imáns ou campos
magnéticos.
•
Para manter os seus datos importantes seguros,
almacéneos en polo menos dous lugares separados,
por exemplo, no seu dispositivo, na tarxeta de memoria
ou no ordenador, ou escriba a información importante.
Durante o funcionamento continuado, é posible que o
dispositivo aumente de temperatura. Na maioría de casos,
trátase de algo normal. Se sospeita que o dispositivo non
funciona correctamente, envíeo ó centro de servizo técnico
autorizado máis próximo.