Chamadas de emerxencia
Importante: Este dispositivo funciona con sinais de
radio, redes sen fíos, redes terrestres e funcións programadas
polo usuario. Se o dispositivo admite chamadas de voz a
través da Internet (chamadas da Internet), active as
chamadas da Internet e o teléfono móbil. O dispositivo
intentará efectuar as chamadas de emerxencia a través das
redes móbiles e do fornecedor de chamadas da Internet se se
atopan activados. Non se pode garantir que a conexión
funcione en todas as condicións. Nunca dependa unicamente
dun dispositivo móbil para efectuar comunicacións
importantes, como urxencias médicas.
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:
1
Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe que
a intensidade do sinal é a axeitada. En función do
dispositivo, é posible que tamén necesite realizar o
seguinte:
•
Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza
unha.
126 Información do produto e de seguridade
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
•
Elimine as restricións das chamadas que estean
activadas no dispositivo.
•
Cambie o perfil de modo de perfil desconectado
a un perfil activo.
•
Se a pantalla e as teclas están bloqueadas, deslice
o interruptor de bloqueo no lateral do dispositivo
para desbloquealas.
2
Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para borrar
a pantalla e preparar o dispositivo para as chamadas.
3
Abra o marcador seleccionando a icona correspondente
(
).
4
Insira o número de emerxencia oficial da localidade na
que se atope. Os números de emerxencia poden variar
en cada localidade.
5
Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda a
información necesaria do xeito máis preciso posible. É posible
que o teléfono sen fíos sexa o único medio de comunicación
na escena dun accidente. Non finalice a chamada ata que
reciba permiso para facelo.