Nokia C6 00 - Vehículos

background image

Vehículos
Os sinais de radiofrecuencia poden afectar aos sistemas

electrónicos incorrectamente instalados ou protexidos dos

vehículos, por exemplo, os sistemas de inxección de

combustible, os sistemas de ABS, os sistemas de control de

velocidade electrónicos e os sistemas de airbag. Para obter

máis información, consulte co fabricante do vehículo ou do

equipo.

O dispositivo só deberá ser reparado ou instalado nun

vehículo por parte de persoal cualificado. Unha instalación ou

reparación defectuosa pode resultar perigosa e pode

invalidar a súa garantía. Comprobe regularmente que todos

os dispositivos sen fíos do vehículo funcionen e estean

montados correctamente. Non almacene nin transporte

líquidos inflamables, gases ou materiais explosivos no

mesmo compartimento que o dispositivo, os seus

compoñentes ou accesorios. Recorde que os airbag

despréganse con gran forza. Non coloque o dispositivo nin

accesorios na zona onde se desprega o airbag.

Apague o dispositivo antes de embarcar nun voo. O uso de

teledispositivos sen fíos nunha aeronave pode resultar

perigoso para o funcionamento do avión, e pode ser ilegal.