Acerca das actualizacións de software
É posible que as actualizacións de
software inclúan características novas e
funcións melloradas que non se atopaban
dispoñibles no momento da compra do
dispositivo. É posible que a actualización
do software mellore tamén o rendemento
do dispositivo.
Para recibir unha notificación cando
exista software novo dispoñible para o
dispositivo, rexístrese en My Nokia e
subscríbase ás notificacións das mensaxes
de texto ou correo electrónico. Para obter
máis información, diríxase á páxina
www.nokia.com/mynokia.
Aviso:
Se instala unha actualización de software,
non poderá utilizar o dispositivo, nin
sequera para efectuar chamadas de
emerxencia, ata completar a instalación e
reiniciar o dispositivo.
A descarga de actualizacións de software
pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos (servizo de rede).
Asegúrese de que a batería do dispositivo
dispoña de carga suficiente ou conecte o
cargador antes de iniciar a actualización.
Despois de actualizar o software ou as
aplicacións do seu dispositivo, é posible
que as instrucións relacionadas coas
aplicacións actualizadas da guía do
usuario ou das axudas non estean
actualizadas.