Nokia C6 00 - Aumento da duración da batería

background image

Aumento da duración da batería

Moitas funcións do seu dispositivo

aumentan a demanda de enerxía da

batería e reducen a vida útil da mesma.

Para aforrar enerxía da batería, teña en

conta o seguinte:

As funcións que empregan a

tecnoloxía Bluetooth ou que permiten

que as mencionadas funcións se

executen en segundo plano mentres

se empregan outras aumentan a

demanda de enerxía da batería.

10 Localización de axuda

© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

Desactive a conectividade Bluetooth

cando non a necesite.

As funcións que empregan a rede LAN

(WLAN) sen fíos ou que permiten que

as mencionadas funcións se executen

en segundo plano mentres se

empregan outras aumentan a

demanda de enerxía da batería. A

WLAN do seu dispositivo Nokia

desactívase cando non está

intentando conectarse, non se atopa

conectado a un punto de acceso ou

non está buscando redes dispoñibles.

Para reducir máis o consumo de

batería, é posible axustar que o seu

dispositivo non busque ou que

busque con menos frecuencia redes

dispoñibles en segundo plano.

Se seleccionou

Conexión paquetes

datos

>

Se está dispoñible

nos

axustes de conexión e non existe

cobertura de paquetes de datos

(GPRS), o dispositivo tenta establecer

periodicamente unha conexión de

paquetes de datos. Para aumentar a

duración do funcionamento do

teléfono, seleccione

Conexión

paquetes datos

>

Se cómpre

.

A aplicación Mapas descarga nova

información do mapa cando vostede

se despraza ata novas zonas deste, o

que aumenta o consumo de enerxía

da batería. É posible evitar a descarga

automática de novos mapas.

Se a potencia do sinal da rede móbil

varía considerablemente na súa zona,

o dispositivo buscará a rede

dispoñible repetidamente. Isto

aumenta o consumo da enerxía da

batería.
Se o modo de rede se axusta en modo

dual nos axustes de rede, o

dispositivo buscará a rede 3G. É

posible axustar o dispositivo para

empregar só a rede GSM. Para utilizar

só a rede GSM, seleccione

Menú

>

Axustes

e

Conectividade

>

Rede

>

Modo de rede

>

GSM

.

A luz de fondo da pantalla aumenta a

demanda de enerxía da batería. Nos

axustes de pantalla, é posible

modificar o tempo de espera tralo cal

se apaga a luz de fondo. Seleccione

Menú

>

Axustes

e

Teléfono

>

Pantalla

>

Duración luz

. Para

axustar o sensor de luz que observa as

condicións de luz e axusta o brillo da

pantalla, nos axustes de pantalla,

seleccione

Sensor de luz

.

Deixar aplicacións executándose en

segundo plano pode aumentar a

demanda de enerxía da batería. Para

pechar as aplicacións que non estea a

usar, se non responden, seleccione

Opcións

>

Amosar aplics. abertas

e

desprácese ata a aplicación utilizando

a tecla de menú. Manteña premida a

tecla Menú para abrir a aplicación e

seleccione

Opcións

>

Saír

.