
Aumento da memoria dispoñible
¿Necesita máis memoria dispoñible no
dispositivo para aplicacións e contidos
novos?
Visualización do espazo dispoñible
para os distintos tipos de datos
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Oficina
>
Xestor fichs.
.
Moitas funcións do dispositivo usan
memoria para almacenar datos. O
dispositivo avisa se as distintas memorias
se están esgotando.
Localización de axuda 11
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Aumento da memoria dispoñible
Transfira datos a unha tarxeta de
memoria compatible (se se atopa
dispoñible) ou a un ordenador
compatible.
Para eliminar datos que xa non necesita,
use o Xestor de ficheiros ou abra a
aplicación correspondente. Pode eliminar
o seguinte:
•
Mensaxes dos cartafoles de
Mensaxería e mensaxes de correo
electrónico recuperadas da caixa de
correo
•
Páxinas web gardadas
•
Información de contacto
•
Notas do calendario
•
Aplicacións amosadas no Xestor de
aplicacións que non necesita
•
Ficheiros de instalación (.sis ou .sisx)
de aplicacións que instalou. Transfira
os ficheiros de instalación a un
ordenador compatible.
•
Imaxes e videoclips de Fotos. Garde
unha copia de seguridade dos
ficheiros nun ordenador compatible.