Música Ovi
Mediante Música Ovi (servizo de rede), é
posible procurar, examinar e descargar
música ao dispositivo.
O servizo Música Ovi substituirá
finalmente á Tenda de música.
Seleccione
Menú
>
Música
>
Ovi
Música
.
Para descargar música, primeiro cómpre
rexistrarse para o servizo.
A descarga de música pode implicar a
aplicación de tarifas adicionais e a
transmisión de grandes cantidades de
datos (servizo de rede). Para obter
información verbo das tarifas de
transmisión de datos, póñase en contacto
co seu fornecedor de servizos de rede.
Para acceder a Música Ovi, cómpre
dispoñer dun punto de acceso á Internet
válido no dispositivo. Pode que se lle
solicite seleccionar o punto de acceso que
desexa empregar para conectarse a
Música Ovi.
Selección do punto de acceso
Seleccione
Punto de acceso predet.
.
A dispoñibilidade e aspecto dos axustes
de Música Ovi poden variar. É posible que
os axustes estean tamén predefinidos e
que non poida modificalos. Cando
navegue por Música Ovi, poderá modificar
os axustes.
Modificar os axustes de Música Ovi
Seleccione
Opcións
>
Axustes
.
Música Ovi non está dispoñible en todos
os países ou rexións.