Mail for Exchange
Con Mail for Exchange, pode recibir o
correo electrónico do traballo no seu
teléfono. Poderá ler e contestar os correos
electrónicos, ver e editar ficheiros
adxuntos compatibles, ver información do
calendario, recibir e contestar solicitudes
de xuntanzas, programar xuntanzas, e
ver, engadir ou editar información de
contacto.
Mail for Exchange
O uso de Mail for Exchange limítase á
sincronización "over the air" da
información PIM entre o dispositivo de
Nokia e o servidor autorizado Microsoft
Exchange.
Mail for Exchange só se pode configurar se
a súa empresa dispón de Microsoft
Exchange Server. Ademais, o
administrador de TI da súa empresa
deberá activar Mail for Exchange para a
súa conta.
Antes de instalar Mail for Exchange,
asegúrese de que dispón do seguinte:
•
Un ID de correo electrónico de
empresa
•
O seu nome de usuario da rede da
oficina
•
O seu contrasinal da rede da oficina
•
O seu nome de dominio da rede
(póñase en contacto co departamento
de TI da súa empresa)
•
O seu nome de servidor de Mail for
Exchange (póñase en contacto co
departamento de TI da súa empresa)
Dependendo da configuración do servidor
de Mail for Exchange da súa empresa, é
posible que teña que inserir outra
46 Mail for Exchange
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
información ademais da incluída. Se non
coñece a información correcta, póñase en
contacto co departamento de TI da súa
empresa.
Con Mail for Exchange, é posible que o uso
do código de bloqueo sexa obrigatorio. O
código de bloqueo predeterminado do
teléfono é 12345, pero é posible que o
administrador de TI da súa empresa
establecera un código diferente para
vostede.
Para acceder e modificar o perfil e axustes
de Mail for Exchange, vaia aos axustes de
Mensaxería.