Acerca dos métodos de
posicionamento
Mapas amosa a súa situación no mapa a
través de conexións GPS, A-GPS, WLAN ou
posicionamento baseado na rede (ID da
cela).
O sistema de posicionamento global (GPS)
é un sistema de navegación baseado en
satélite que se emprega para calcular a
súa situación. O GPS asistido (A-GPS) é un
servizo de rede que lle envía datos GPS, o
que axuda a mellorar a velocidade e a
precisión do posicionamento.
O posicionamento mediante unha WLAN
mellora a precisión do posicionamento
cando non se dispón de sinal GPS,
especialmente en interiores ou cando se
atope entre edificios altos.
Co posicionamento baseado na rede (ID da
cela), a posición determínase a través da
antena á que estea conectado o seu
dispositivo móbil nese momento.
Cando utilice Mapas por primeira vez,
pediráselle que defina o punto de acceso
á Internet que se empregará para
descargar a información do mapa, usar A-
GPS ou conectarse a unha rede WLAN.
Para evitar custos derivados do servizo de
rede, pode desactivar o A-GPS, a WLAN e o
posicionamento baseado na rede (ID da
cela) nos axustes de posicionamento do
seu dispositivo, pero levará moito máis
tempo calcular a súa situación. Para obter
máis información sobre os axustes de
posicionamento, consulte a guía do
usuario do seu dispositivo.
O sistema de posicionamento global (GPS)
está operado polo goberno dos Estados
Unidos, que é o único responsable da
precisión e mantemento do sistema. A
precisión dos datos de localización pode
verse afectada polos axustes nos satélites
GPS efectuados polo goberno dos Estados
Unidos e está suxeita a modificacións
procedentes da política de GPS civil do
Ministerio de defensa dos Estados Unidos
e do Plan de radionavegación federal
(Federal Radionavigation Plan). A
precisión tamén pode verse afectada pola
xeometría de baixo nivel do satélite. A
dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS
poden verse afectadas pola súa
localización, os edificios e os obstáculos
naturais ademais de polas condicións
meteorolóxicas. É posible que os sinais
GPS non estean dispoñibles no interior dos
edificios ou en pasos subterráneos e que
a súa transmisión non sexa posible a
través de materiais como formigón e
metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para a
medición dunha localización precisa e
vostede non debe depender só dos datos
de localización procedentes do receptor
GPS nin das redes de radio móbil para
determinar posicións nin para a
navegación.
A precisión do hodómetro é limitada, polo
que é posible que se produzan erros de
redondeo. A precisión tamén se pode ver
afectada pola dispoñibilidade e calidade
dos sinais GPS.
Nota: En Francia, unicamente está
autorizado a empregar as redes WLAN en
lugares interiores.
Segundo os métodos de posicionamento
dispoñibles, a exactitude da posición
pode variar dende uns metros ata varios
quilómetros.
72 Mapas
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.