Asinar
Coa función Asinar, pode gardar un
rexistro privado de onde estivo. Manteña
ao día os seus amigos de redes sociais e
contactos con información sobre o que
está a facer e comparta a súa localización
nos seus servizos favoritos de redes
sociais.
Seleccione
Menú
>
Mapas
e
Asinar
.
76 Mapas
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Para asinar, precisa dispoñer dunha conta
de Nokia. Para compartir a súa situación,
tamén precisa unha conta nun servizo de
rede social. Os servizos de redes sociais
admitidos varían segundo o país ou a
rexión.
1 Inicie sesión coa súa conta de Nokia
ou, se aínda non dispón dunha, créea.
2 Pode compartir a súa localización nos
servizos de redes sociais que use.
Cando utilice Asinar por primeira vez,
pode axustar a credenciais da súa
conta para os servizos que use. Para
configurar máis tarde as contas,
seleccione .
3 Seleccione a súa posición actual.
4 Escriba a súa actualización de estado.
Só pode realizar publicacións nos
servizos seleccionados que
configurou. Para excluír un servizo,
seleccione o logotipo deste. Para
excluír todos os servizos, mantendo
como privada a súa situación e a súa
actualización de estado, desmarque a
caixa de verificación
e publicar en
.
5 Seleccione
Asinar
.
Tamén pode anexar unha imaxe á súa
publicación, en función do servizo de rede
social.
Ver o seu historial de Asinar
Seleccione .
Para asinar e compartir a súa situación,
precisa dispoñer dunha conexión á
Internet. Isto pode implicar a aplicación
de tarifas adicionais e custos do tráfico de
datos asociado.
Os termos de uso do servizo de rede social
aplícanse ao uso compartido da súa
localización en dito servizo. Familiarícese
cos termos de uso e coas prácticas de
privacidade de dito servizo.
Antes de compartir a súa posición con
terceiros, considere detidamente quen
serán os destinatarios. Consulte os
axustes de privacidade do servizo de rede
social que estea a utilizar, dado que
podería estar a compartir a súa posición
cun gran grupo de xente.