Ver a súa posición e o mapa.
Vexa a súa posición actual e explore
mapas de distintas cidades e países.
Seleccione
Menú
>
Mapas
e
Posición
.
indica a súa posición actual, se está
dispoñible. Cando estea a buscar a súa
posición, pestanexará. No caso de que
a súa posición non estea dispoñible,
indicará a súa última posición coñecida.
No caso de que o posicionamento exacto
non estea dispoñible, unha auréola
vermella en torno á icona de
posicionamento indica a área xeral na que
é posible que se atope. En áreas
densamente poboadas aumenta a
precisión desta estimación e a auréola
vermella amósase máis pequena que nas
zonas pouco poboadas.
Navegar polo mapa
Arrastre o mapa co dedo. Por defecto, o
mapa está orientado cara ao norte.
Ver a posición actual ou a última
coñecida.
Seleccione .
Ampliar ou reducir
Seleccione + ou -.
Consello: Para utilizar o zoom, tamén
pode colocar dous dedos no mapa e
afastalos entre si para ampliar o zoom ou
achegalos para reducilo. Non todos os
dispositivos admiten esta función.
Se se despraza a unha área que non estea
cuberta polos rueiros que teña gardados
no seu dispositivo e dispón dunha
conexión de datos activa, os rueiros novos
descargaranse automaticamente.
Para evitar descargar novos rueiros
automaticamente, no menú principal,
seleccione >
Internet
>
Conexión
>
Fóra de liña
.
A cobertura dos mapas varía en función do
país ou da rexión.