
Escribir e enviar mensaxes
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
A mensaxería é un servizo de rede.
Importante: Teña precaución ao
abrir as mensaxes, xa que é posible que
conteñan software nocivo ou daniño para
o dispositivo ou o ordenador.
Para poder crear unha mensaxe
multimedia, cómpre definir os axustes de
conexión correctos.
É posible que a rede sen fíos limite o
tamaño das mensaxes MMS. Se a imaxe
inserida excede este límite, o dispositivo
pode reducila para que se poida enviar por
MMS.
Só os dispositivos que dispoñen de
funcións compatibles poden recibir e
visualizar mensaxes multimedia. É posible
que a aparencia das mensaxes varíe en
función do dispositivo de recepción.
Enviar unha mensaxe de texto ou
multimedia
Seleccione
Nova mensaxe
.
Enviar unha mensaxe de son
Seleccione
Opcións
>
Crear mensaxe
e a
opción correspondente.
Seleccionar destinatarios ou grupos da
lista de contactos
Na barra de ferramentas, seleccione .
Inserir o número manualmente
Puntee o campo Para.
Inserir o asunto da mensaxe
multimedia
Insira o asunto no campo Asunto. Se o
campo Asunto non está visible, seleccione
Opcións
>
Campos de enderezo
para
cambiar os campos que están visibles.
Escribir a mensaxe
Puntee o campo da mensaxe.
Engadir un obxecto a unha mensaxe
Seleccione e o tipo de contido
correspondente.
É posible que o tipo de mensaxe cambie a
mensaxe multimedia en función do
contido inserido.
Enviar a mensaxe
Seleccione
ou prema a tecla de
chamada.
O dispositivo admite mensaxes de texto
de lonxitude superior ao límite para as
mensaxes simples. As mensaxes que
superan ese límite envíanse coma dúas ou
máis mensaxes. O seu fornecedor de
servizos aplicará unha tarifa
correspondente ao número de mensaxes
enviadas. Os caracteres con acentos e
outros signos de puntuación, ou algúns
idiomas ocupan máis espazo e limitan o
número de caracteres que é posible enviar
nunha mensaxe.