Vista principal da mensaxería
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
A mensaxería é un servizo de rede.
Crear unha mensaxe nova
Seleccione
Nova mensaxe
.
Consello: Para evitar ter que volver
escribir as mensaxes que envía con
frecuencia, utilice as mensaxes que se
atopan gardadas no cartafol Modelos en
As miñas carpetas. Tamén é posible crear
e gardar os seus propios modelos.
A mensaxería contén os seguintes
cartafoles:
Caixa de entrada — Contén as
mensaxes recibidas, excepto as mensaxes
de correo electrónico e de emisión de cela.
As miñas carp. — Permiten organizar
as súas mensaxes en cartafoles.
Borrador — Contén borradores que
non foron enviados.
Enviados — Contén as últimas
mensaxes enviadas, sen incluír as
mensaxes enviadas mediante a
conectividade Bluetooth. É posible definir
o número de mensaxes que se poden
gardar neste cartafol.
Caixa de saída — As mensaxes que
están agardando a ser enviadas
almacénanse temporalmente no cartafol
Caixa de saída, por exemplo, cando o seu
dispositivo se atopa fóra da zona de
cobertura de rede.
Informes entreg. — Solicite á rede
que lle envíe un informe de entrega das
Mensaxería 47
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
mensaxes de texto e multimedia enviadas
(servizo de rede).