Accesos directos
Para alternar entre aplicacións abertas,
manteña premida a tecla Menú.
Deixar aplicacións executándose en
segundo plano aumenta a demanda de
enerxía da batería e reduce a vida da
batería.
Para abrir o navegador, no marcador,
manteña punteado 0.
Para cambiar o perfil, prema a tecla
acendido e seleccione un perfil.
Para chamar á caixa de correo de voz
(servizo de rede), no marcador, manteña
punteado 1.
Para abrir unha lista dos últimos números
marcados na pantalla de inicio, prema a
tecla chamada.
Para utilizar os comandos de voz, na
pantalla de inicio manteña premida a
tecla chamada.
Mentres escribe, para cambiar o idioma de
escritura, prema e a tecla de símbolos.