
Descarga rápida
O acceso para a descarga de datos por
paquetes a alta velocidade (HSDPA, tamén
denominado 3.5G, indicado mediante
) é un servizo de rede das redes UMTS
e fornece descargas de datos a alta
velocidade. Cando o soporte HSDPA está
activado no dispositivo e este está
conectado a unha rede UMTS que admite
HSDPA, a descarga de datos como
mensaxes, correos electrónicos e páxinas
do navegador a través da rede móbil pode
realizarse a maior velocidade. As
conexións HSDPA activas indícanse
mediante .
É posible activar ou desactivar a
compatibilidade con HSDPA nos axustes
dos paquetes de datos.
Póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos para obter máis información
acerca da dispoñibilidade e a subscrición
a servizos de conexión de datos.
HSDPA só afecta á velocidade da descarga.
O envío de datos á rede, como mensaxes
e correos electrónicos, non se verá
afectado.