Acerca da pantalla de inicio
Na pantalla de inicio, pode ter acceso
rápido ás aplicacións utilizadas con máis
frecuencia, controlar as aplicacións, como
o reprodutor de música, visualizar os seus
contactos favoritos e ver dunha ollada se
ten chamadas perdidas ou mensaxes
novas.
Elementos interactivos da pantalla de
inicio
Para abrir a aplicación reloxo, puntee no
reloxo (1).
Para abrir a axenda ou cambiar os perfís
na pantalla de inicio, puntee na data ou
no nome do perfil (2).
Para ver ou modificar os axustes de
conectividade (
), para ver as redes LAN
sen fíos dispoñibles se a busca de redes
WLAN se atopa activada ou para visualizar
os eventos perdidos, puntee a esquina
superior dereita (3).
Para abrir o marcador para facer unha
chamada de teléfono, seleccione (4).
Para ocultar e amosar contido, desprace a
pantalla de inicio co dedo.
Adición de elementos á pantalla de
inicio
Manteña seleccionada unha zona baleira
da pantalla de inicio e, no menú
despregable, seleccione
Engadir contido
e o elemento.
A utilización de widgets pode implicar a
transmisión de grandes cantidades de
datos (servizo de rede).
Desprazar un elemento na pantalla de
inicio
Seleccione
Opcións
>
Editar contido
, o
elemento que desexe e arrástreo e sólteo
nunha localización nova.
Eliminación de elementos da pantalla
de inicio
Manteña seleccionado o elemento que
desexe eliminar e, no menú despregable,
seleccione
Eliminar
.