Perfil Desconectado
O perfil fóra de liña permite usar o
dispositivo sen necesidade de conectarse
á rede móbil sen fíos. Se o perfil Fóra de
liña está activo, poderá usar o dispositivo
sen unha tarxeta SIM.
Activar o perfil Fóra de liña
Prema un intre a tecla de acendido e
seleccione
Fóra de liña
.
Ao activar o perfil Fóra de liña, a conexión
coa rede móbil péchase. Prohíbese o envío
e recepción de todos os sinais de
radiofrecuencia entre o dispositivo e a
rede móbil. Se intenta enviar mensaxes
mediante a rede móbil, colocaranse na
carpeta Caixa de saída para enviarse máis
tarde.
Importante: No perfil
Desconectado, non é posible efectuar nin
recibir chamadas, nin utilizar outras
funcións que requiran o uso de cobertura
de rede móbil. Sen embargo, poderá
efectuar chamadas ao número de
emerxencia oficial programado no
dispositivo. Para efectuar chamadas,
primeiro cómpre activar a función do
teléfono mediante a modificación dos
perfís. Se se bloqueou o dispositivo, insira
o código de bloqueo.
Cando active o perfil Fóra de liña, aínda
poderá usar a rede LAN sen fíos (WLAN),
por exemplo, para ler o seu correo
electrónico ou para navegar pola Internet.
Tamén se pode usar a conectividade
Bluetooth no perfil Fóra de liña. Non
esqueza cumprir os requisitos de
seguridade aplicables ao establecer e usar
conexións WLAN ou Bluetooth.