Consellos para crear unha conexión
GPS
Comprobar o estado do sinal de
satélite
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Situación
e
Datos GPS
>
Opcións
>
Estado do satélite
.
Se o dispositivo atopou satélites,
amosarase unha barra por cada satélite na
vista de información dos satélites. Canto
máis longa sexa a barra, maior
intensidade terá o sinal do satélite. Unha
vez que o seu dispositivo recibiu
suficientes datos do sinal do satélite para
calcular a súa localización, a cor da barra
cambiará.
Primeiro, o dispositivo debe recibir sinais
de catro satélites como mínimo para
poder calcular as coordenadas da súa
posición. Despois do cálculo inicial pode
que sexa posible seguir calculando as
coordenadas da súa posición con tres
satélites. Non obstante, a precisión adoita
mellorar cando se atopan máis satélites.
Se non se atopa ningún sinal de satélite, o
problema pode radicar nun dos puntos
seguintes:
•
Se se atopa nun lugar interior,
diríxase ao exterior para recibir un
mellor sinal.
•
Se se atopa ao aire libre, desprácese
ata un espazo máis aberto.
•
Se as condicións meteorolóxicas son
malas, a forza do sinal pode verse
afectada.
•
Algúns vehículos posúen cristais
tinxidos (atérmicos) que poden
bloquear os sinais dos satélites.
•
Asegúrese de non cubrir a antena coa
man.
O establecemento dunha conexión GPS
pode tardar dende un par de segundos ata
algúns minutos. O establecemento dunha
conexión GPS nun vehículo pode tardar
máis tempo.
O receptor de GPS aliméntase da batería
do dispositivo. Se usa o GPS, é posible que
a batería se esgote con máis rapidez.