
Verbo de GPS asistido (A-GPS)
O seu dispositivo admite A-GPS (servizo de
rede). Cando active A-GPS, o seu
dispositivo recibirá información de
satélites útil dende un servidor de datos
de asistencia a través dunha rede móbil.
Coa axuda dos datos asistidos, o seu
dispositivo poderá obter a posición do GPS
máis rápido.
A-GPS (o GPS asistido) utilízase para obter
datos de asistencia técnica mediante
unha conexión de paquetes de datos, que
axuda a calcular as coordenadas da súa
localización actual cando o dispositivo
recibe sinais dos satélites.
O dispositivo está configurado
previamente para utilizar o servizo A-GPS
de Nokia, se non se atopan dispoñibles
ningúns axustes A-GPS dun fornecedor de
servizos específico. Os datos de asistencia
recupéranse dende o servidor do servizo
A-GPS de Nokia só cando é necesario.
Cómpre dispoñer dun punto de acceso á
Internet definido no dispositivo para
recuperar datos de asistencia do servizo
A-GPS de Nokia a través dunha conexión
de paquetes de datos.
Definición dun punto de acceso para A-
GPS
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Situación
e
Posicionamento
>
Servidor
posicionamento
>
Punto de acceso
.
Posicionamento (GPS) 67
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Soamente se pode utilizar un punto de
acceso á Internet de paquete de datos
para este servizo. O seu dispositivo
solicitaralle o punto de acceso á Internet
cando se utilice o GPS por primeira vez.