Accións da pantalla táctil
Utilice a pantalla táctil cos dedos ou cun
estilete (se se atopa dispoñible).
Importante: Utilice unicamente o
estilete autorizado por Nokia co
dispositivo. O uso doutros estiletes pode
invalidar a garantía do dispositivo e danar
16 Primeiros pasos
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
a pantalla táctil. Evite raiar a pantalla
táctil. Nunca utilice bolígrafos, lapis nin
demais obxectos afiados para escribir na
pantalla táctil.
Punteo e punteo dobre
Para abrir unha aplicación ou outro
elemento na pantalla táctil, normalmente
puntea co dedo. Non obstante, para abrir
os seguintes elementos, ten que
puntealos dúas veces.
•
Elementos de listas dunha aplicación,
como o cartafol Borradores da
aplicación Mensaxería.
•
Ficheiros nunha lista de ficheiros, por
exemplo, unha imaxe do cartafol
Capturas da aplicación Fotos.
Consello: Ao abrir unha vista de lista,
xa estará resaltado o primeiro
elemento. Para abrir un elemento
resaltado, puntéeo unha vez.
Se puntea un ficheiro ou un elemento
parecido unha vez, non se abre,
resáltase. Para ver as opcións
dispoñibles para o elemento,
seleccione
Opcións
ou, se está
dispoñible, seleccione unha icona
dunha barra de ferramentas.
Seleccionar
Nesta documentación de usuario, para
referirse a abrir aplicacións ou elementos
punteándoos unha ou dúas veces,
utilízase o termo "seleccionar".
Exemplo: Para seleccionar
Opcións
>
Axuda
, puntee
Opcións
e, a continuación,
puntee
Axuda
.
Arrastrar
Para arrastrar coloque o dedo na pantalla
e escorrégueo pola mesma.
Exemplo: Para desprazarse arriba ou
abaixo nunha páxina web, arrastre a
páxina co dedo.
Desprazarse
Para desprazarse, escorregue o dedo
rapidamente á esquerda ou á dereita na
pantalla.
Exemplo: Ao ver unha imaxe, para ver a
imaxe anterior ou a seguinte, diríxase á
esquerda ou á dereita respectivamente.
Pasar elementos
Para pasar elementos, coloque o dedo na
pantalla, deslíceo rapidamente pola
mesma e, a continuación, levante
rapidamente o dedo. O contido da
pantalla continuará desprazándose coa
velocidade e dirección aplicadas no
momento de soltar o dedo. Para
Primeiros pasos 17
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
seleccionar un elemento dunha lista de
desprazamento e para deter o
movemento, puntee o elemento.
Desprazar
Para desprazarse cara arriba ou abaixo
polas listas que dispoñan dunha barra de
desprazamento, arrastre o control
esvaradío da barra de desprazamento.
Nalgunhas vistas de listas, pode colocar o
dedo nun elemento da lista e arrastralo
arriba ou abaixo.
Consello: Para ver unha descrición curta
dunha icona, coloque o dedo na icona. As
descricións non están dispoñibles para
todas as iconas.
Luz de fondo da pantalla táctil
A luz de fondo da pantalla táctil apágase
despois dun período de inactividade.
Para acender a luz de fondo da pantalla,
desbloquee a pantalla e o teclado, se é
necesario, e prema a tecla do menú.