Sincronizar, recuperar ou enviar
contido
Despois da primeira transferencia de
datos, pode comezar novas transferencias
ou crear accesos directos para repetir o
mesmo tipo de transferencia máis tarde.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Ferramentas
>
Config. do tf.
>
Cambio
de datos
.
Seleccione unha das seguintes opcións
para iniciar unha nova transferencia,
dependendo do modelo:
Permite sincronizar contido entre
o seu dispositivo e o outro
dispositivo, se o outro dispositivo
admite a sincronización. A
sincronización é bidireccional. Se
se elimina un elemento nun
dispositivo, eliminarase nos dous.
Non se poden recuperar
elementos borrados coa
sincronización.
Permite recuperar contido dende
o outro dispositivo no seu
dispositivo. Mediante a
recuperación, o contido
transfírese dende o outro
dispositivo no seu dispositivo. É
posible que se lle solicite que
garde ou borre o contido orixinal
no outro dispositivo,
dependendo do modelo do
dispositivo.
Permite enviar contido dende o
seu dispositivo ao outro
dispositivo.
Se non pode enviar un elemento,
dependendo do tipo do outro dispositivo,
poderá engadir o elemento ao cartafol de
Nokia ou a C:\Nokia ou E:\Nokia no seu
dispositivo. Cando seleccione o cartafol
que desexe transferir, os elementos
sincronizaranse no cartafol
correspondente no outro dispositivo e
viceversa.
Despois dunha transferencia de datos,
preguntaráselle se desexa gardar un
acceso directo cos axustes da
transferencia na vista principal, para que
poida repetir a mesma transferencia máis
tarde.
Edición de accesos directos
Seleccione
Opcións
>
Axustes atallo
. É
posible crear ou cambiar o nome do
acceso directo, por exemplo.
Visualización do rexistro da
transferencia
Seleccione un acceso directo na vista
principal e, a continuación,
Opcións
>
Ver rexistro
.
Se un elemento que se vai transferir se
editou nos dous dispositivos, o dispositivo
tentará unir os cambios
automaticamente. Se isto non é posible,
significa que existe un conflito de
transferencia.
Resolución de conflitos de
transferencia
Seleccione
Comprobar cada caso
,
Priorid. para este tfno.
ou
Priorid. para
outro tfno.
.
Primeiros pasos 23
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.