Nokia C6 00 - Transferir contido

background image

Transferir contido

É posible utilizar a aplicación Cambio para

copiar contido como números de

teléfono, enderezos, elementos da

axenda e imaxes do seu dispositivo Nokia

anterior ao novo.
O tipo de contido que se pode transferir

depende do modelo do dispositivo dende

o que desexe transferir contido. Se ese

dispositivo admite a sincronización,

tamén será posible sincronizar datos

entre os dispositivos. O dispositivo

notifícalle se o outro dispositivo non é

compatible.
Se o outro dispositivo non se pode

acender sen unha tarxeta SIM, pode inserir

a súa tarxeta SIM nel. Se se acende o

dispositivo sen unha tarxeta SIM, o perfil

Desconectado actívase automaticamente

e pódese realizar a transferencia.

Transferencia de contido por primeira

vez

1 Para recuperar datos dende o outro

dispositivo por primeira vez, no seu

dispositivo, seleccione

Menú

>

Aplicacións

>

Ferramentas

>

Config. do tf.

>

Cambio de datos

.

2 Seleccione o tipo de conexión que

desexa utilizar para transferir os

datos. Ámbolos dous dispositivos

deben admitir o tipo de conexión

seleccionado.

3 Se selecciona a conectividade

Bluetooth como tipo de conexión,

conecte os dous dispositivos. Para

facer que o teléfono busque

dispositivos con conectividade

Bluetooth, seleccione

Continuar

.

Seleccione o dispositivo dende o que

desexa transferir contido. O teléfono

solicitaralle que insira un código no

teléfono. Insira un código (entre 1 e

16 díxitos) e seleccione

Aceptar

.

Insira o mesmo código no outro

dispositivo e seleccione

Aceptar

. Os

dispositivos están agora vinculados.

É posible que algúns dispositivos de

Nokia anteriores non inclúan aínda a

aplicación Cambio. Neste caso, a

aplicación Cambio enviarase ao outro

dispositivo en forma de mensaxe.

Para instalar a aplicación Cambio no

outro dispositivo, abra a mensaxe e

siga as instrucións da pantalla.

4 No teléfono, seleccione o contido que

desexe transferir desde o outro

dispositivo.

Unha vez iniciada a transferencia,

pode cancelala e continuar máis

tarde.

O contido transfírese da memoria do

outro dispositivo á situación

correspondente no seu dispositivo. O

22 Primeiros pasos

© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

tempo da transferencia depende da

cantidade de datos que se teñan que

transferir.