
Carga da batería
A batería fornécese parcialmente cargada
de fábrica. Se o dispositivo indica que a
batería dispón de pouca carga restante,
faga o seguinte:
1 Conecte o cargador a unha toma da
parede.
2 Conecte o cargador ao dispositivo.
Durante a carga da batería, a luz do
indicador de carga situada arredor do
conectador do cargador ilumínase.
3 Cando o dispositivo indique que se
cargou completamente, desconecte o
cargador do dispositivo e, a
continuación, da toma de corrente da
parede.
Non necesita cargar a batería durante un
período de tempo determinado e pode
utilizar o dispositivo mentres se está a
cargar. Se a batería está completamente
descargada, é posible que transcorran
varios minutos antes de que o indicador
de carga apareza na pantalla ou antes de
que se fagan chamadas.
Consello: Desconecte o cargador da toma
de corrente da parede cando non estea a
utilizar o cargador. Un cargador que está
conectado á toma de corrente consume
enerxía mesmo se non está conectado ao
dispositivo.
Durante o funcionamento continuado
como unha chamada de vídeo activa e
conexión de datos de alta velocidade, é
posible que o dispositivo aumente de
temperatura. Na maioría de casos, trátase
de algo normal. Se sospeita que o
dispositivo non funciona correctamente,
envíeo ó centro de servizo técnico
autorizado máis próximo.