Teclado
O dispositivo ten un teclado completo.
Para abrir o teclado, deslice a pantalla
táctil cara arriba. En todas as aplicacións,
a pantalla xira automaticamente de
vertical a horizontal cando abre o teclado.
18 Primeiros pasos
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
1 Tecla de función. Para inserir
caracteres especiais impresos na
parte superior das teclas, prema a
tecla de función e, a continuación,
prema a tecla correspondente. Para
introducir varios caracteres especiais
seguidos, prema a tecla función dúas
veces rapidamente. Para volver ao
modo normal, prema a tecla de
funcións.
2 Tecla de maiúsculas. Para cambiar
entre os modos de maiúsculas e
minúsculas, prema a tecla de
maiúsculas dúas veces. Para
introducir unha soa letra maiúscula
no modo de minúsculas, ou viceversa,
prema a tecla de maiúsculas e, a
continuación, prema a tecla alfabética
desexada.
3 Tecla de símbolos. Para inserir
caracteres especiais que non se
amosan no teclado, prema a tecla de
símbolos e seleccione o carácter
desexado.
4 Tecla Ctrl. Algúns accesos directos
requiren a tecla ctrl.
5 Tecla espazo
6 Tecla de maiúsculas
7 Tecla Intro
8 Tecla Navi™ (tecla de
desprazamento). Prema a tecla de
desprazamento para facer unha
selección. Prema os bordos da tecla de
desprazamento para desprazarse á
esquerda, á dereita, arriba ou abaixo
na pantalla. Manteña premido o
bordo da tecla de desprazamento
para acelerar o desprazamento.
9 Tecla de retroceso. Para borrar un
carácter, prema a tecla de retroceso.
Para borrar varios caracteres,
manteña premida a tecla de
retroceso.
Inserción de caracteres que non
aparecen no teclado
É posible inserir variacións de caracteres,
por exemplo, caracteres con acentos. Para
inserir un "á", manteña premida a tecla de
símbolos e, a continuación, prema a tecla
A varias veces ata que se amose o carácter
desexado. A orde e a dispoñibilidade das
letras depende do idioma de escritura
seleccionado.