Inserir a tarxeta SIM e a batería
Importante: Non empregue unha
tarxeta SIM mini-UICC, tamén coñecida
como tarxeta micro-SIM, unha tarxeta
micro-SIM cun adaptador ou unha tarxeta
SIM que dispoña dun interruptor mini-
UICC (consulte a ilustración) neste
dispositivo. Unha tarxeta micro-SIM é
máis pequena que a tarxeta SIM estándar.
Este dispositivo non admite o uso de
tarxetas micro-SIM e o uso de tarxetas SIM
incompatibles pode danar a tarxeta ou o
dispositivo e pode corromper os datos
almacenados na tarxeta.
Siga as instrucións coidadosamente para
evitar danar a tapa posterior.
Apague sempre o dispositivo e desconecte
o cargador antes de extraer a batería.
1 Desbloquee o seguro de liberación da
tapa posterior e levante a tapa
posterior.
Primeiros pasos 13
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
2 Se a batería está inserida, levante a
batería na dirección da frecha para
retirala.
3 Insira a tarxeta SIM. Asegúrese de que
a zona de contactos da tarxeta estea
orientada cara aos conectadores do
dispositivo e que a esquina biselada
estea orientada cara á parte superior
do dispositivo.
4 Aliñe os contactos da batería cos
conectores correspondentes do
compartimento da mesma e insíraa.
5 Para volver a poñer a tapa posterior,
dirixa as pestanas de peche cara ás
súas rañuras e prema ata que a tapa
encaixe.