Extracción da tarxeta de memoria
Importante: Non retire a tarxeta
de memoria durante unha operación na
que se estea accedendo á mesma, xa que
podería producir danos na tarxeta de
memoria e no dispositivo e danar os datos
almacenados na tarxeta.
1 Antes de extraer a tarxeta, prema a
tecla de acendido e seleccione
Retirar
tarxeta memoria
.
2 Cando o seu dispositivo solicite que se
pechen algunhas aplicacións,
seleccione
Si
.
3 Cando o seu dispositivo solicite que se
retire a tarxeta de memoria, abra a
tapa da rañura da tarxeta de
memoria.
4 Para liberar a tarxeta de memoria da
rañura, empúxea suavemente.
5 Saque a tarxeta de memoria. Se o
dispositivo está acendido, seleccione
Aceptar
.
6 Peche a tapa da rañura da tarxeta de
memoria.