Reciclado
Cando o teléfono alcance o final da súa
vida útil, poderán reciclarse todos os
materiais como outros materiais e
enerxía. Para garantir a correcta
eliminación e reutilización, Nokia coopera
cos seus asociados mediante un programa
denominado We:recycle. Para obter
información sobre como reciclar os seus
produtos Nokia antigos e sobre onde
atopar puntos de reciclaxe, visite a páxina
www.nokia.com/werecycle ou chame ao
centro de atención ao cliente de Nokia.
Para reciclar os paquetes e guías de
usuario, siga o procedemento habitual na
súa zona.
O símbolo do contedor con rodas riscado
cun "x" no produto, a batería, as
instrucións ou a embalaxe lémbranlle que
todos os produtos eléctricos e
Protección do medio 123
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
electrónicos, as baterías e os
acumuladores se deben refugar por
separado ao final da súa vida útil. Este
requisito aplícase na Unión Europea. Non
se desfaga deste produto do mesmo xeito
que dos residuos domésticos normais.
Para obter máis información verbo da
incidencia no medio do teléfono, diríxase
á páxina www.nokia.com/ecoprofile.
Información do produto e de
seguridade
Accesorios
Aviso:
Utilice unicamente baterías, cargadores e accesorios
autorizados por Nokia para o seu uso con este modelo en
particular. A utilización doutros tipos pode invalidar a
autorización de uso e a garantía e resultar perigoso. En
particular, o uso de cargadores ou baterías non homologados
pode implicar un risco de incendio, explosión, fuga ou outros
perigos.
Para obter información sobre a dispoñibilidade de accesorios
autorizados, póñase en contacto co seu distribuidor. Para
desconectar o cable de alimentación de calquera accesorio,
tire da caravilla, non do cable.
Batería
Información sobre a batería e o cargador
O dispositivo funciona cunha batería recargable. A batería
deseñada para utilizarse co dispositivo é a BL-4J. Nokia pode
fabricar modelos de batería adicionais para este dispositivo.
O dispositivo está deseñado para utilizarse cos seguintes
cargadores: AC-15, AC-5, ou AC-8 . O número exacto do modelo
do cargador de Nokia pode variar dependendo do tipo de
enchufe, identificado mediante as letras E, X, AR, U, A, C, K ou
B.
A batería pode cargarse e descargarse centos de veces, pero
finalmente, desgástase. Cando a duración da batería no modo
de espera e durante as conversas telefónicas se reduza
considerablemente, substitúaa. Utilice unicamente baterías
autorizadas por Nokia e recárgueas unicamente con
cargadores autorizados por Nokia deseñados para utilizarse
con este dispositivo.
Se utiliza unha batería por primeira vez ou se esta non se
utiliza dende hai moito tempo, é posible que sexa necesario
conectar o cargador, desconectalo e volvelo conectar para
comezar a cargar a batería. Se a batería está completamente
descargada, é posible que teña que esperar varios minutos
para poder efectuar chamadas e para poder visualizar o
indicador de carga na pantalla.
Extracción segura. Apague sempre o dispositivo e desconecte
o cargador antes de extraer a batería.
Carga axeitada. Desconecte o cargador da toma de corrente
e do dispositivo cando non o utilice. Non deixe unha batería
completamente cargada conectada a un cargador, xa que o
exceso de carga pode reducir a súa vida útil. Se non se utilizan,
as baterías cargadas perden a súa carga co paso do tempo.
Evite someter o dispositivo a temperaturas extremas. Intente
manter sempre a batería a unha temperatura comprendida
entre os 15ºC e os 25ºC. A exposición da batería a
temperaturas extremas reduce a capacidade e a vida útil da
mesma. É posible que o dispositivo non funcione
temporalmente se a batería está fría ou quente. O
rendemento da batería é especialmente limitado a
temperaturas situadas por debaixo de 0ºC.
Non provoque curtocircuítos. É posible que se produzan
curtocircuítos accidentais se un obxecto metálico, coma unha
moeda, un clip ou un bolígrafo provoca un contacto directo
dos terminais positivo (+) e negativo (-) da batería. (Os
terminais teñen o aspecto de tiras metálicas na batería). Isto
pode ocorrer, por exemplo, cando transporta unha batería de
reposto no peto ou no bolso. Os curtocircuítos nos terminais
poden danar a batería ou o obxecto que realiza o contacto.
Como desfacerse da unidade. Non bote as baterías ao lume,
xa que poderían explotar. Respecte as normativas locais no
momento de desfacerse das baterías. Recicle as baterías
cando sexa posible. Non as deposite en lugares destinados
aos residuos domésticos.
Fugas. Non desmonte, corte, abra, esmague, dobre, perfore
nin triture as pilas nin as baterías. No caso de que se produza
unha fuga na batería, evite que o líquido da batería entre en
contacto coa pel ou os ollos. Se isto sucede, lave as zonas
afectadas inmediatamente con auga ou acuda a un médico.
Danos. Non modifique, reconstrúa nin intente inserir
obxectos estraños na batería, nin a expoña ou somerxa en
auga ou outros líquidos. As baterías poden explotar se están
danadas.
Uso correcto. Utilice a batería unicamente para o uso para o
que foi deseñada. O uso non axeitado da batería pode
provocar un incendio, unha explosión e outros perigos. Se
deixa caer o dispositivo ou a batería, especialmente sobre
unha superficie dura, e cree que a batería puido quedar