Verbo das chamadas da Internet
Co servizo de rede de chamadas da
Internet, pode facer e recibir chamadas a
través da Internet. Os servizos de
chamadas da Internet admiten as
chamadas entre ordenadores, entre
teléfonos móbiles e entre un dispositivo
VoIP e un teléfono tradicional. Para
consultar a dispoñibilidade e os custos,
póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos de chamadas da Internet.
Para facer ou recibir unha chamada da
Internet, cómpre atoparse na zona de
servizo dunha rede LAN sen fíos (WLAN) ou
dispoñer dunha conexión de paquetes de
datos (GPRS) nunha rede UMTS e estar
Realización de chamadas 37
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
conectado a un servizo de chamadas da
Internet.
É posible que o dispositivo lle ofreza un
widget de instalación para instalar os
servizos de chamadas da Internet.