Compartir vídeo
Utilice a función de compartir vídeo
(servizo de rede) para enviar vídeo en
directo ou un videoclip desde o teléfono
móbil a outro dispositivo móbil
compatible durante unha chamada de
voz.
O altofalante está activo cando activa o
uso compartido de vídeo. Se non desexa
utilizar o altofalante para a chamada de
voz mentres comparte vídeo, tamén pode
utilizar auriculares compatibles.
Aviso:
A exposición continua a niveis elevados de
volume pode danar a súa capacidade
auditiva. Escoite música a un volume
moderado e non suxeite o dispositivo
preto do seu oído co altofalante activado.