Axustes de compartir vídeo
Para configurar a función de compartir
vídeo, necesita establecer os axustes da
conexión de persoa a persoa e de 3G.
As conexións de persoa con persoa
coñécense tamén co nome de conexión de
Protocolo de Inicio da Sesión (SIP).
Cómpre configurar os axustes do perfil SIP
no dispositivo para poder utilizar a
función de compartir vídeo. Solicite ao seu
fornecedor de servizos os axustes do perfil
SIP e gárdeos no seu dispositivo. O seu
fornecedor de servizos pode enviarlle os
axustes ou proporcionarlle unha lista dos
parámetros necesarios.
Adición dun enderezo SIP a un contacto
1 Seleccione
Menú
>
Axenda
.
2 Seleccione un contacto ou cree un
contacto novo.
3 Seleccione
Opcións
>
Editar
.
4 Seleccione
Opcións
>
Engadir
detalle
>
Compartir vídeo
.
5 Insira o enderezo SIP co formato
nomedeusuario@nomededominio
(pode utilizar un enderezo IP en lugar
dun nome de dominio).
Se non coñece o enderezo SIP do
contacto, pode utilizar o número de
teléfono do destinatario, incluído o
prefixo de país, para compartir vídeo
(se o fornecedor de servizos de rede o
admite).
Configuración da conexión 3G
Póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos para establecer un acordo para
que poida usar a rede 3G.
Asegúrese de que os axustes de conexión
do punto de acceso 3G do dispositivo
están configurados correctamente. Para
obter máis información sobre os axustes
póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.