
Requisitos para compartir vídeo
A opción de compartir vídeo require o uso
dunha conexión 3G. A súa capacidade para
usar a función de compartir vídeo
depende da dispoñibilidade da rede 3G.
Para obter máis información sobre o
servizo, a dispoñibilidade da rede 3G e as
tarifas asociadas co uso deste servizo,
póñase en contacto co fornecedor do
servizo.
Para o uso compartido de vídeo,
asegúrese de que:
•
O dispositivo estea configurado para
establecer conexións de persoa a
persoa.
•
Dispón dunha conexión 3G activa e
que se atopa dentro da zona de
cobertura de rede 3G. Se se despraza
fóra da zona de cobertura da rede 3G
durante unha sesión de compartir
vídeo, o uso compartido finalizará
mentres continúa a súa chamada de
voz.
•
Tanto o remitente como o
destinatario se atopan rexistrados na
Realización de chamadas 35
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

rede 3G. Se convida a alguén a unha
sesión para compartir contidos e o
dispositivo do destinatario non se
atopa dentro da zona de cobertura de
rede 3G ou non dispón da función para
compartir vídeo instalada ou non
configurou as conexións de persoa a
persoa, o destinatario non recibirá as
invitacións. Nese caso, recibirá unha
mensaxe de erro que lle indicará que
o destinatario non pode aceptar a
invitación.