Realización de chamadas de voz
1 Na pantalla de inicio, seleccione
para abrir o marcador e insira o
número de teléfono, incluíndo o
prefixo. Para eliminar un número,
seleccione C.
Para facer chamadas internacionais,
seleccione * dúas veces para obter o
carácter + (que substitúe ao código de
acceso internacional) e insira o
prefixo de país, o prefixo da zona
(omita o cero inicial se fose necesario)
e o número de teléfono.
2 Para realizar a chamada, prema a
tecla Chamar.
3 Para finalizar a chamada (ou para
cancelar o intento de chamada),
prema a tecla Fin.
Se preme a tecla Fin, sempre se
finalizará a chamada, mesmo se outra
aplicación se atopa activa.
Chamar un contacto
1 Seleccione
Menú
>
Axenda
.
Realización de chamadas 29
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
2 Desprácese ata o nome desexado. Ou
introduza as primeiras letras ou
caracteres do nome no campo de
busca e desprácese ata o nome.
3 Para chamar ao contacto, prema a
tecla Chamar. Se gardou varios
números para un contacto, seleccione
o número desexado da lista e prema
a tecla Chamar.
Finalización dunha chamada
Prema a tecla Fin.