Realización de videochamadas
Cando fai unha videochamada (servizo de
rede), pode ver un vídeo a tempo real,
bidireccional entre vostede e o
destinatario da chamada. O vídeo en
directo capturado pola cámara amósase
ao destinatario da videochamada.
Para poder facer unha videochamada,
cómpre dispoñer dunha tarxeta USIM e
atoparse dentro da zona de cobertura
dunha rede 3G. Para consultar a
dispoñibilidade, os custos e a subscrición
aos servizos de videochamada, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos de
rede.
As videochamadas só se poden facer entre
dúas partes. As videochamadas poden
realizarse a un dispositivo móbil
compatible ou a un cliente RDSI. As
videochamadas non se poden facer
mentres está activa outra chamada de
voz, vídeo ou datos.
Indicadores
Non está a recibir vídeo (o
destinatario non está a enviar
vídeo ou a rede non o está a
transmitir).
Rexeitou o envío de vídeos dende
o seu dispositivo. Para enviar
unha imaxe, selecciónea
Menú
>
Realización de chamadas 33
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Axustes
e
Chamando
>
Chamada
>
Imaxe en
videochamada
.
Mesmo se rexeitou o envío de
vídeo durante unha
videochamada, a chamada
cobrarase como unha
videochamada. Para comprobar
os custos, póñase en contacto co
seu fornecedor de servizos.
1 Na pantalla de inicio, seleccione
para abrir o marcador e insira o
número de teléfono.
2 Seleccione
Opcións
>
Chamar
>
Videochamada
.
A cámara secundaria situada na parte
dianteira utilízase de xeito
predeterminado nas videochamadas.
Iniciar unha videochamada pode
tardar uns intres. Se a chamada non
se pode realizar (por exemplo, se a
rede non admite as videochamadas
ou o dispositivo de recepción non é
compatible), preguntaráselle se
desexa intentar realizar unha
chamada normal ou enviar unha
mensaxe.
A videochamada estará activa cando
se visualicen dous vídeos e se escoite
o son a través do altofalante. É posible
que o destinatario da chamada
rexeite o envío de vídeos (indicado
mediante ) e vostede só escoitará a
voz do emisor da chamada e é posible
que vexa unha imaxe ou unha
pantalla gris.
Finalización dunha videochamada
Prema a tecla Fin.