Supervisión de todos os eventos de
comunicación
No rexistro xeral, pode ver información
verbo de eventos de comunicación, como
chamadas de voz, mensaxes de texto ou
conexións de datos e LAN sen fíos (WLAN)
rexistrados polo dispositivo.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Ferramentas
>
Rexistro
.
Apertura do rexistro xeral
Apertura da ficha do rexistro xeral
Os eventos secundarios, como unha
mensaxe de texto enviada en varios
fragmentos e as conexións de paquetes de
datos, rexístranse como un evento de
comunicación. As conexións coa caixa de
correo, co centro de mensaxes
multimedia ou con páxinas web
amósanse como conexións de paquetes
de datos.
Realización de chamadas 39
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Visualización dos detalles das
conexións de paquetes de datos
Diríxase a un evento de conexión de
paquetes de datos entrante ou saínte
indicado mediante
GPRS
e seleccione
Opcións
>
Ver
.
Copia dun número de teléfono dende o
rexistro
Seleccione
Opcións
>
Utilizar número
>
Copiar
. Pode, por exemplo, pegar o
número de teléfono nunha mensaxe de
texto.
Filtrado do rexistro
Seleccione
Opcións
>
Filtrar
e un filtro.
Definición da duración do rexistro
Seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Duración do rexistro
. Se selecciona
Ningún rexistro
, eliminaranse
permanentemente todos os contidos do
rexistro, o rexistro de últimas chamadas e
os informes de entrega de mensaxería.