Acerca do dispositivo
O dispositivo sen fíos descrito nesta guía
está autorizado para empregarse en
(E)GSM 850, 900, 1800, 1900 e UMTS 900,
1900, 2100 redes. Póñase en contacto co
seu fornecedor de servizos para obter
máis información acerca das redes.
Cando utilice as funcións deste
dispositivo, respecte a lexislación e os
costumes locais, a intimidade e os
dereitos lexítimos das demais persoas,
incluídos os dereitos de autor.
É posible que as leis de protección dos
dereitos de autor non autoricen a copia,
modificación ou transferencia dalgunhas
imaxes, música e demais contido.
O dispositivo soporta varios métodos de
conectividade. Do mesmo xeito que os
ordenadores, é posible que o dispositivo
estea exposto a virus e demais contido
daniño. Teña precaución coas mensaxes,
solicitudes de conexión, buscas e
descargas. Unicamente instale e utilice
servizos e software obtidos de fontes
fiables que ofrezan seguridade e
protección axeitada contra software
daniño, como aplicacións que pasasen o
proceso de certificación Symbian Signed
ou Java Verified™. Considere a
posibilidade de instalar programas
antivirus e demais software de
Seguridade
5
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
seguridade no dispositivo e nos
ordenadores conectados.
Importante: O seu dispositivo só
admite unha aplicación antivirus.
Dispoñer de máis dunha aplicación con
funcionalidade antivirus podería afectar
ao rendemento e funcionamento ou
provocar que o dispositivo deixe de
funcionar.
É posible que o dispositivo dispoña de
favoritos e ligazóns de sitios web de
terceiras partes preinstalados. Tamén é
posible acceder a outros sitios web de
terceiras partes mediante o dispositivo.
Os sitios web de terceiras partes non
teñen ningún tipo de relación con Nokia,
polo que Nokia non asumirá ningunha
responsabilidade correspondente a eles.
Se decide acceder aos sitios mencionados,
deberá tomar precaucións relacionadas
coa seguridade ou cos contidos.
Aviso:
Para utilizar as funcións deste dispositivo,
a excepción do espertador, é necesario
que se atope acendido. Non acenda o
dispositivo en lugares nos que poida
provocar interferencias ou poida supoñer
un perigo.
As aplicacións de Office admiten as
funcións comúns de Microsoft Word,
PowerPoint e Excel (Microsoft Office 2000,
XP e 2003). Non é posible visualizar nin
modificar todos os formatos de ficheiro.
Efectúe copias de seguridade ou manteña
rexistros escritos da información
importante almacenada no dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera
outro dispositivo, lea a guía de usuario
para obter instrucións detalladas de
seguridade. Non conecte produtos non
compatibles.
É posible que as imaxes desta guía sexan
diferentes das que aparecen na pantalla
do dispositivo.